Benvido ao proxecto Costa dos Castros!

A páxina en galego ofrece información sobre como colaborar e os niveles de participación. Se queres contribuír á campaña, escolle o teu nivel, volve á páxina en inglés e preme no nivel adecuado.

Estamos moi agradecidos pola vosa axuda nesta viaxe sorprendente! Vémonos pronto en Galicia!

Colabora Agora!

Membro do equipo dixital de escavación 15€/£10

Benvido ao proxecto! Con esta conta do Digital Dig Team, entrarás ata a cociña do proxecto, xa que poderás ver toda a información da escavación en Chavella. O rexistro arqueolóxico irá directamente dende os nosos iPads á túa pantalla a través da nosa aplicación online. Terás acceso instantáneo ao que suceda a través das redes sociais, fotos e vídeos diarios do que ocorre entre bastidores.

A barca de pedra 22€/£15

Axúdanos a facer a limpeza vexetal do famoso petróglifo do barco mediterráneo de Oia e a descubrir novos gravados que puideran estar ocultos pola maleza. Recibirás á camisola oficial da “Barca de Pedra” (cunha reprodución do petróglifo moi chula)

Botando raíces 35€/£25

Este proxecto é máis que arqueoloxía. Tamén podes axudarnos a crear un precioso e educativo arboreto cerca do castro da Cabeciña. Coa túa axuda, compraremos unha árbore que será plantada por escolares da zona. Queremos plantar cen especies diferentes que estarán debidamente identificadas. A cambio recibirás unha foto da árbore co teu nome e as coordenadas GPS para que a poidas visitar sempre que queiras.

Aventureiro 3D 100€/£70

Acabado de saír do forno! Obterás unha impresión 3D do achado estrela da campaña deste ano en Chavella, que será enviado nunha bolsa personalizada. *As impresións 3D serán realizadas polos amigos de www.museofabber.com. Visítaos!

Guerreiro castrexo 175€/£125

Toda a carne no espeto con este nivel! Leva todos os trunfos cunha edición especial da camisola da “Barca de Pedra”, máis unha visita á túa árbore no arboreto e por se fose pouco, a impresión 3D do achado estrela desta campaña!

Chavella Champion 920€/£650

Ata os profesionais máis experimentados cambiarían o seu sacho preferido por esta oportunidade! Pasa unha semana cos expertos de DigVentures e o equipo arqueolóxico galego aprendendo coñecementos punteiros da arqueoloxía de campo, así como aprender a usar o noso innovador sistema de rexistro dixital. Formarás parte dunha alegre comunidade, así que prepárate para un clima marabilloso, mellor gastronomía, actividades espontáneas e festas improvisadas para acompañar ás conversas post-escavación. A que agardas?

*Billetes de avión ou calquera transporte internacional non están cubertos.

Gústache viaxar e ver cousas novas? Desfrutas coñecendo os sitios en profundidade, máis alá dos atractivos turísticos?, pero sobre todo: Sempre quixeches escavar nun xacemento arqueolóxico?

Se queres formar parte dunha comunidade rural a través da arqueoloxía,preparamos unha impresionante experiencia para satisfacer a túa curiosidade, ganas de aventura e de participar nunha escavación incrible!

Costa dos Castros é un proxecto internacional e multidisciplinar sobre catro xacementos arqueolóxicos. Un proxecto que está a ser estudado por investigadores do proxecto europeo NEARCH como un exemplo de innovación en arqueoloxía. Aquí podes ver fotos da campaña do Castro da Cabeciña.

DigVentures viaxará en outubro de 2015 para escavar no Castro de Chavella (Oia) como parte do equipo anglo-galego. Chavella forma parte do sistema da Costa dos Castros, cunha vistas privilexiadas que lle daían unha vantaxe estratéxica no control visual da costa.

Noutros sitios da Costa dos Castros xa se levaron a cabo proxectos de escavación, pero no caso de Chavella é a primeira vez que vamos manchar as mans de terra. Non podemos agardar máis a traballar conxuntamente co equipo galego e aprender máis sobre este lugar, tan espectacular e significativo.

Probará este castro as antigas relacións comerciais entre Atlántico e Mediterráneo, tal e como fixeron outros castros veciños? Confirmaremos unha máis que posible reocupación medievalcunha gran torre para defender a costa tal e como suxire a documentación medieval? Atoparemos en Chavella tantos obxectos incribles e cerámica como na Cabeciña? A única forma de averigualo é atarnos a manta á cabeza e poñernos a escavar!

Como podo participar?

Podes unirte ao equipo en Galicia para unha experiencia inesquecible ou podes apoiarnos formando parte da Brigada Arqueolóxica de Sofá dende a túa casa. Canto máis contribúas, maior recompensa terás e máis involucrado estarás, dende ser dos primeiros en coñecer as novidades ata facer as maletas e unirte a nós.

Que obteño eu a cambio?

Obterás diversas recompensas en función do nivel de participación que escollas. Se decides unirte ao noso equipo en Galicia, terás unha experiencia inesquecible poñéndote mans á obra no castro de Chavella. Se decides apoiarnos dende a Brigada Arqueolóxica de Sofá, formarás parte dun equipo que está a cambiar a forma de entender a arqueoloxía.

Cóntame máis sobre a Arqueoloxía

Algúns sitios da Costa dos Castros lévanse investigando dende 2011. Este ano, DigVentures ten a oportunidade exclusiva de botar unha man no Castro de Chavella, como parte do primeiro equipo que escava neste impresionante xacemento da Idade do Ferro. Mirando aos impresionantes achados de castros veciños como A Cabeciña, esperamos unha escavación excitante e che a de sorpresas!

E por suposto, utilizaremos o noso Equipo Dixital de Escavación para rexistrar todos os resultados, así que estará dispoñible para que todo o mundo poida acceder á información en tempo real!

Cóntame como está isto axudando á zona

Costa dos Castros localízase na Costa Sur de Galicia. Este proxecto é moito máis que arqueoloxía, tamén é desenvolvemento rural, xestión forestal e turismo sostible.

É un proxecto liderado pola comunidade no que os veciños toman o control a través dun tipo de organización moi particular de Galicia, as Comunidades de Montes: Comunidades forestais constituídas por veciños que posúen e xestionan o monte de xeito colectivo reinvertindo os beneficios na comunidade.

As comunidades levan traballando neste proxecto uns cantos anos pero agora necesitan a nosa axuda para facelo crecer. Entre todos podemos mellorar a economía dunha comunidade rural e crear futuros postos de traballo para a xente nova.

Como é formar parte do equipo de campo?

Traballar con DigVentures e o equipo galego será unha experiencia que non poderás esquecer! Vivirás nun albergue encantador e xenuinamente galego con equipo Anglo-Galego e o día a día será man a man cos veciños. Na súa compaña viviremos unha gran cantidade de situacións inesperadas, festas improvisadas ou actividades, desternillantes conversas e intercambio cultural.

A gastronomía tamén será unha parte importante. Probarás produtos locais do mar e da terra, incluíndo saboroso peixe, chourizo e produtos caseiros. Esta é a mellor comida de campo que nunca probamos nas nosas carreiras. Esquécete da escavación, vale a pena vir só pola comida!

E por suposto, a Arqueoloxía! Como en todos os proxectos de DigVentures, serás parte do equipo e te aprenderemos todo o que necesitas saber como escavador así como outras facetas máis especializadas como GPR, fotogrametría ou como utilizar o Equipo Dixital de Escavación

Datas: 19-24 de Outubro 2015. As prazas son limitadas. As prazas daranse por orde de inscrición

Semana de Traballo: 5 días de arqueoloxía e outro día de actividade ou excursión

Incluído: Seis noites de aloxamento en pensión completa. Toda a titorización arqueolóxica.

Información de interese: Aeroporto preferente: Santiago de Compostela

Support great archaeology

DigVentures crowdfunds archaeological projects that everyone can be part of, in the UK and overseas. With help from people all over the world, we investigate the past and publish our discoveries online for free. Support one of our digs and you can choose to excavate alongside our team, or watch our discoveries online!

Choose a dig

DigVentures

Fascinated by archaeology? DigVentures runs excavations that anyone can be part of. From Roman ruins and medieval castles, to Bronze Age monuments and industrial heritage. Choose a project to dig alongside our team, take an online course, or get tickets to DigNation 2020 - the festival for archaeology-lovers!

Full Author Profile +