¡Experimenta o patrimonio e a cultura dun xeito totalmente diferente!

Lea en Español / Read in English

Datas de escavación: 11-23 Outubro 2016

Somos a comunidade de Costa dos Castros e vivimos nunha pequena pero fascinante zona de costa ao sur de Galicia. Estamos a recadar fondos para unha escavación de dúas semanas que nos axude a coñecer máis sobre os castros da Idade do Ferro que dominan a nosa paisaxe.

Podes apoiar este proxecto dende a distancia e elixir unha das incribles recompensas que ofrecemos a cambio. Ou incluso podes vir a participar na escavación e aprender sobre arqueoloxía de xeito práctico. Sexa a que sexa a contribución que elixas, ti podes ser parte do equipo que pon a Costa dos Castros no mapa arqueolóxico. (Segue ata o final desta páxina para ver as opcións de contribución.)

Contexto

Costa dos Castros é un lugar agochado que non se converteu en destino turístico como tal; que merece ser descuberto malia ser descoñecido para moitos.

A través das Comunidades de Montes xestionamos o noso monte de forma colectiva. Xuntos tomamos decisións sobre as nosas fragas, cultivamos e atendemos a nosa gandaría, e moitas cousas máis…

Un conxunto de castros bordean a nosa costa; son os restos dunha cultura antiga que se remonta á Idade do Ferro e ti podes axudarnos a revelar a historia das persoas que os construíron hai 2.000 anos

Os castros foron construídos polos antigos habitantes célticos do noroeste da Península Ibérica. Porén, a investigación arqueolóxica está atopando cada vez máis evidencia de que estas persoas do Atlántico xa estaban en contacto con navegantes mediterráneos, moito antes de que chegaran os romanos.

Queremos saber máis sobre este pasado, sobre o que une o noso territorio co teu, sobre as relacións entre as culturas atlánticas e mediterráneas, e sobre como eran as personas da Idade do Ferro que construíron os nosos castros.

A nosa solución e como podes formar parte

Xestionamos o noso monte xuntos, pero tamén queremos xestionar, investigar, conservar e poñer en valor o noso patrimonio. Con este fin, creamos recentemente a Asociación Costa dos Castros, e agora estamos a convidarte a formar parte desta fazaña.

En outubro queremos levar a cabo unha nova escavación nun dos nosos castros. Ti podes vir e aprender sobre arqueoloxía de maneira práctica, ou apoiar o proxecto dende a distancia e a cambio recibir unha das nosas incribles recompensas en sinal de agradecemento. Ofrecemos unha forma totalmente nova de experimentar o noso patrimonio histórico e cultura contemporánea ao mesmo tempo.

Cóntame máis sobre a arqueoloxía

A Idade do Bronce do Atlántico foi un período no que tanto ideas como produtos circulaban arriba e abaixo pola costa atlántica europea, dende Escocia e Irlanda ata España e Portugal.

Estes intercambios darían lugar a moitos dos símbolos culturais que agora identificamos cos celtas, como as cabanas redondas, machados de bronce, gravados rupestres, motivos espirais y (por suposto), os castros!

Galicia é uno de los recantos máis remotos ao oeste da Europa atlántica, pero estivo no  corazón das rutas comerciais marítimas e aínda hoxe día conservamos probas para demostralo… Un conxunto de impresionantes castros da Idade do Ferro bordea a nosa costa pedregosa e a vexetación dos nosos montes esconde centos de gravados rupestres.

Que aprenderemos sobre a cultura castrexa?

A cultura dos castros floreceu e desenvolveuse durante a Idade do Ferro, ata que finalmente foi absorbida pola chegada dos romanos.

O realmente curioso de Costa dos Castros é a gran cantidade de castros que se construíron nun territorio tan pequeno. Identificamos 12 castros nun tramo de 7 quilómetros. Por que tantos?

Sabemos que os nosos montes teñen un alto contido de estaño (un ingrediente crucial para facer bronce) e empezamos a facer unhas pequenas investigacións arqueolóxicas nos nosos castros. Para o noso abraio, atopamos un machado de bronce, cerámica púnica, armas, cabanas e construcións defensivas. Tamén temos un petróglifo dun barco mediterráneo.

As relacións entre as culturas atlánticas e mediterráneas e a influencia mutua que se exercían son aspectos relativamente pouco estudados pola arqueoloxía. Porén, Costa dos Castros é claramente un lugar onde as culturas atlánticas e mediterráneas chocaron hai miles de anos, e aínda seguen a interactuar hoxe en día.

Que castro escavaremos?

Ter tantos castros concentrados nun territorio tan pequeno converte a Costa dos Castros no contexto perfecto para estudar como evolucionou a cultura dos castros; non só en Galicia, senón tamén a través da Europa Atlántica.

Queremos indagar na cultura castrexa levando a cabo escavacións que aporten máis datos sobre as persoas que construíron os castros e as súas conexións históricas cos pobos mediterráneos, a máis de 3.000 quilómetros de distancia.

Este ano as nosas escavacións centraranse principalmente no castro d’A Cabeciña. Neste xacemento xa identificamos tres fases de ocupación, o que significa que podemos ver como o poboado creceu e evolucionou a través dos séculos.

Os castros non eran meramente defensivos, tamén eran domésticos e A Cabeciña xa deu probas dunha comunidade relativamente grande que vivía en cabanas moi xuntas dentro das murallas defensivas do castro. Tamén atopamos aquí indicios de contacto co Mediterráneo, como o machado de bronce e a cerámica de importación.

O noso obxectivo é escavar unha das cabanas que xa puidemos identificar. Esperamos que a medida que escavemos, atopemos máis probas da vida cotiá no castro así como de comercio internacional.

Ti podes desfrutar descubrindo esta historia milenaria connosco. Convértete nun Arqueólogo Dixital – ou vén e únete a nós en outubro!

Que ocorre cando me converta en Arqueólogo Dixital?

Colaboramos con DigVentures, quen van ocuparse de ofrecerche a experiencia arqueolóxica online máis completa posible! Imaxínao como ver un capítulo de Time Team (mítico programa de divulgación arqueolóxica da televisión británica) realizado só para ti e enviado directamente á túa caixa de correos. Poderás ver como transcorre toda a acción, e incluso comunicarte co equipo directamente. Veña… ¡próbao!

Que ocorre cando me uno ao equipo de arqueólogos sobre o terreo?

Poderás probar a ser arqueólogo, e tomámonos esta promesa MOI en serio. Formarás parte do noso equipo formado por arqueólogos profesionais de Costa dos Castros e DigVentures (que dirixen a única escola de campo acreditada polo Chartered Institute for Archaeologists). Eles formaranche e aprenderanche todo o que precisas saber para unirte ao equipo de escavación:

E como é iso de coñecer a comunidade de Costa dos Castros?

Vir a quedarte connosco non só supón mergullarte nunha cultura milenaria; tamén é formar parte dunha comunidade moderna. Aloxaraste nun hostal nun dos nosos pobos costeiros e serás convidado a participar no miolo do día a día na zona.

Quen se beneficia do proxecto?

Todo o mundo, ti incluído! Somos unha comunidade rural e estamos a poñer en valor o noso pasado para crearnos un futuro. Con esta fin, fundamos recentemente a Asociación Costa dos Castros, cuxo obxectivo é conservar e dar a coñecer o noso patrimonio. Ademais de levar a cabo investigación arqueolóxica, queremos crear unha ruta turística para amosar os xacementos, e conservar e compartir a nosa cultura co mundo. Tamén pretendemos publicar online todo o que atopemos nas escavacións (podes ver o que fixemos ata agora aquí) para que calquera persoa de calquera parte do mundo poida compartir os nosos achados.

Que é o que cubre o crowdfunding?

A investigación arqueolóxica de calidade é un asunto caro, e a recadación da campaña de micromecenado axudará a cubrir os custes da formación profesional arqueolóxica, así como a conservación dos obxectos e estruturas que atopemos (isto sempre é o máis custoso dunha escavación).

Parte da recadación destinarase a replantar zonas de fraga autóctona que foron destruídas por eucaliptos e incendios forestais. Outra parte se destinará a conservar algúns dos paneis de arte rupestre.

As nosas liñas de investigación teñen o apoio académico do Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit-CSIC), que está dirixido polo Presidente da European Archaeology Association (EAA). Tamén contamos co apoio do goberno local, rexional e nacional. Agora buscamos que nos apoies ti tamén.

Cóntame máis sobre a comunidade

Este proxecto trátase dunha iniciativa local e a comunidade está no corazón de todo o que facemos. Involucrarte será un xeito de aprender como facer arqueoloxía ao máis alto nivel profesional, á vez que te damos unha calorosa benvida á nosa veciñanza.

Asuntos prácticos

Aquí compartimos algo de información que será útil se escolliches unirte ao equipo sobre o terreo:

Organizamos dúas semanas de escavación. Podes unirte á primeira (11-16 outubro 2016) ou á segunda (18-23 outubro 2016).

Por favor ten en conta que non podemos cubrir os teus gastos de viaxe.

Recomendamos que chegues o día antes de que empece a escavación e que te quedes ata o día despois de que termine.

Convidámoste a ficar connosco en Mougás, unha das aldeas costeiras de Costa dos Castros. As comidas e ceas serán nun excelente restaurante con produtos frescos locais. O prezo inclúe aloxamento con pensión completa. Si, a nós tamén nos custa crelo!

Estamos bastante preto de Santiago; de feito, o Camiño de Santiago percorre a nosa costa – un bo xeito de continuar a túa viaxe polo patrimonio de Galicia.

Como podo aprender máis sobre o proxecto?

Bota un ollo á páxina do Equipo Dixital de Escavación de Costa dos Castros AQUÍ, para seguir a nosa aventura arqueolóxica ata o momento, e ver os achados en directo dende a escavación.

Elixe a túa contribución

Digital Digger / Arqueólogo Dixital (12€)

Con esta contribución poderás vernos traballar sen moverte de casa. Recibirás retransmisións en directo dende a escavación, novidades en exclusiva e poderás preguntarnos sobre calquera aspecto da arqueoloxía que estás vendo en pantalla. ¡Converte o rato do teu ordenador nunha pa dixital!

Rooting for History / Replantando a Historia (25€)

Estamos replantando os bosques autóctonos que antigamente rodeaban os nosos castros. Con esta contribución, plantaremos unha árbore para ti, gravaremos o teu nome nun cartel á entrada do bosque e enviarémoste fotos do proceso. + Arqueólogo Dixital

Bring on the Bronze Age / Esplendorosa Idade do Bronce (45€)

Este ano as nosas camisolas teñen un deseño renovado para que poidas lucir en todo o seu esplendor o petróglifo do barco mediterráneo de Costa dos Castros. E ADEMAIS darémosche un broche moi especial dun machado de talón como o que atopamos no castro d’A Cabeciña para levar xunto coa túa camisola. + Arqueólogo Dixital

Enter the Iron Age / Entra na Idade do Ferro (65€)

Os castrexos eran bravos pero tamén tiñan bo gusto. Con esta contribución, ti tamén poderás telo todo! Mandarémoste unha camisola , un broche do machado e ADEMAIS plantaremos unha árbore para ti. + Arqueólogo Dixital + Replantando a Historia + Esplendorosa Idade de Bronce

Edible Archaeology / Arqueoloxía Comestible (130€)

Costa dos Castros ten unha riqueza gastronómica excepcional. Apetéceche degustala? Mandarémoste unha caixa repleta dalgunhas exquisiteces da zona, incluíndo mirabeles do Rosal, pementos recheos de chanquetes e dúas botellas da nosa cervexa A Cabeciña. Saúde! + Arqueólogo Dixital

Atlantic Ambassador / Embaixador do Atlántico (580€)

Entra en escena e vén pasar unha semana connosco; amosámoste o mellor de Costa dos Castros! Ademais da súa gastronomía e viños, convidámoste a saír das rutas turísticas para coñecer xacementos escondidos e as súas historias secretas, ademais de un tour íntimo de Santiago de Compostela. Fechas: 12-16 septiembre 2016 Inclúe: Aloxamento e almorzos, xantares e ceas.

Join the Archaeology A-Team (Week One) / Únete ao Equipo A da Arqueoloxía (Primeira Semana) (935€)

Agora xa estás coas mans na fariña de verdade. Vén pasar unha semana connosco e te formamos en arqueoloxía. Estarás na escavación dende o primeiro día… Quen sabe o que descubrirás? Se algunha vez quixeches ser arqueólog/a, esta é a túa oportunidade. Datas: 11-16 octubre 2016 Inclúe: Aloxamento e almorzos, xantares e ceas.

Join the Archaeology A-Team (Week Two) / Únete ao Equipo A da Arqueoloxía (Segunda Semana) (935€)

Agora xa estás coas mans na fariña de verdade. Vén pasar unha semana connosco e te formamos en arqueoloxía. Estarás na escavación dende o primeiro día… Quen sabe o que descubrirás? Se algunha vez quixeches ser arqueólog/a, esta é a túa oportunidade. Datas: 17-23 octubre 2016 Inclúe: Aloxamento e almorzos, xantares e ceas.

Elixe a túa contribución e apoia o proxecto

Para más información podes mandar un correo a hello@digventures.com ou chamar a +44 (0) 33 011 3990 para máis información.